QUE É

PROXECTO LUGOPOÉTICA 2024

Lugopoética 2024 celébrase no primeiro semestre de 2024 co apoio da Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria.

Son 6 encontros de poetas consagrados/as e noveis para contrastar a súa obra, homenaxear aos veteranos e potenciar a carreira dos novos creadores: 3 escritores e 3 escritoras de longa e frutífera traxectoria, e outras tantas voces novas que camiñan de xeito firme polos vieiros da poesía de Galicia.

Os Encontros fanse cara ao público na sede lucense da UNED, e son gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por internet.

Son sesións públicas de arredor dunha hora de duración, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.

Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección da obras dos poetas novos, “avalada” polos consagrados.

LUGOPOÉTICA 2024 nace con vocación de continuidade, pretendendo continuar no futuro con similares Encontros que reflictan a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Axenda

O Calendario

29 Febreiro 2024 - 18:30 h

Marica Campo (O Incio)
Eva Teixeiro (Guitiriz)

14 Marzo 2024 - 18:30 h

Lois Pérez Diaz (Lugo)
Daniel Irimia (Cospeito)

04 Abril 2024 - 18:30 h

María Xosé Lamas (Vilalba)
Brenda Mondelo (Pedrafita)

25 Abril 2024 - 18:30 h

Xosé Otero Canto (Terra Chá)
Antonio Calvo Varela (Lugo)

02 Maio 2024 - 18:30 h

Olga Novo (A Probra do Brollón)
Cristina Corral Soilán (Lugo)

06 Xuño 2024 - 18:30 h

Mero Iglesias Dobarrio (Vilalba)
Fco. Javier Neira Pampín (Lugo)

Descobre

12 Poetas

Seis mulleres e seis homes, seis con destacada traxectoria e seis novas voces do rico panorama poético lucense.


Falamos?

Formulario de Contacto

+34 676 456 461
 

Río Navia, 45 - 1º - Lugo

correo@brandancomunicacion.com