Alt

Mañá, xoves, nova xuntanza na UNED, dentro de Lugopoética 2024

Mañá, xoves, nova xuntanza na UNED, dentro de Lugopoética 2024. Participarán os poetas LOIS PÉREZ e DANIEL IRIMIA.

Lois Pérez Díaz – Lugo / Daniel Irimia – Cospeito

LOIS PÉREZ DÍAZ. Lugo, 1979. Mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista, como poeta publicou ‘LP’, ‘Long Play’ e ‘Lugo Philadelphia’, con fotografías de Alba Díaz. Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Ten obtido os premios de Teatro radiofónico da Radio Galega; Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia en 2018), Agustín Fernández Paz e os de literatura infantil Raíña Lupa e María Victoria Moreno.

DANIEL IRIMIA YÁÑEZ (Momán - Cospeito, 1995). Estudou Bioloxía na USC, especializándose en xestión da biodiversidade na de Granada. Ten desenvolvido traballos de investigación no Departamento de Botánica do Campus de Lugo, destacando na creación literaria, especialmente na poesía. Premiado co Díaz Jácome para novos creadores e no de Cambre, ten publicado Cristal de bágoas, premio de poesía O Facho.

A actividade desenvolverase desde as 18,30 h., con entrada libre, durante unha hora, sendo emitida en directo pola canle da Uned, para logo ser difundida a través da Rede pola Uned, Galicia Digital, Egeria, e a web do proxecto que de inmediato se vai poñer en marcha. Con posterioridade, publicarase un libro cos contidos das seis xuntanzas previstas.

Esta actividade é unha acción de Egeria, Uned e a Xunta de Galicia, que se desenvolve durante o presente curso, con vontade de que teña continuidade nos próximos anos.